Colexio Plurilingüe Colexio Plurilingüe
1 1 3 4
   Circulares
   Álbum Colexial 14/15
   Proxecto Plurilingüe
   Xestor Educativo

Consulta as distintas circulares do centro para o curso escolar 2014/2015

Actualizado: 17/12/2014

            Consultar...

 

Tódolos actos e actividades!

Novidades: 02/05/2014
FESTAS COLEXIAIS | Fest. de Danza

           Consultar...

Os idiomas son un dos aspectos máis importantes na educación.

             Lembranza para alumnos e familias de ESO e BACHARELATO: publicación dos boletíns de notas no xestor a partir do venres 12 pola tarde.
   Actualidade no Colexio
  Información
Conferencia de Alexa O'Brien no colexio
jueves, 11 de diciembre do 2014

 O vindeiro luns 15 de decembro ás 16 horas teremos ocasión no colexio de escoitar una charla a cargo da xornalista independente Alexa O'Brien, colaboradora de The Guardian e a BBC entre outros medios, e que posiblemente sexa unha das persoas con máis coñecemento sobre o caso Manning.

Esta charla é posible grazas á colaboración do colexio con Amnistía Internacional, e encádrase na celebración da Semana dos Dereitos Humanos. Asistirá o alumnado de 4º de ESO e Bacharelato, e é unha oportunidade única para escoitar a unha persoa referente na defensa dos dereitos e liberdades.

Tamén impartirá unha charla o mesmo día ás 20 horas no salón de graos das facultades de Relacións Laborais e de Ciencias Políticas e Sociais. Cremos que pode ser unha boa ocasión para escoitar as súas opinións, pois non teremos moitas posibilidades de contar con ela durante moito tempo. Animádevos a asistir.

Podedes atopar máis información sobre Alexa no seu canal de youtube: preme aquí para acceder .

Tamén dentro da Semana dos Dereitos Humanos o Grupo Escolar de Amnistía Internacional do colexio, integrado por alumnado de Bacharelato, organiza para o día 11 de decembro un debate en torno aos dereitos e a tortura, ofertado para o alumnado de 4º de ESO e Bacharelato, e que cremos pode resultar moi interesante.

 
Inicio das charlas sobre titulacións universitarias en 2º de Bacharelato
jueves, 11 de diciembre do 2014

Coas presentacións, na titoría do 9 de decembro, do Centro Superior de Hostalería de Galicia e a Universidade Europea de Madrid iniciouse a serie de charlas sobre a oferta de estudos universitarios que os alumnos de 2º de Bacharelato terán ao longo do segundo trimestre e que rematarán na Semana de Orientación da primeira semana de febreiro.

Estas exposicións de distintos centros de educación superior axudan a que os nosos alumnos de 2º de Bacharelato teñan unha idea máis global da oferta universitaria española onde actualmente máis de 70 universidades (públicas , privadas e da Igrexa) compiten por ofertar títulos (oficiais e propios) atractivos para os alumnos e o mercado laboral.

 
 
 
Charlas coa Policía Nacional sobre redes sociais e acoso escolar
miércoles, 10 de diciembre do 2014

As dúas últimas semanas de novembro, os alumnos de quinto e sexto de educación primaria, puideron participar nunhas charlas sobre o acoso escolar e os regos das redes sociais.

Contamos coa presenza de policías do corpo nacional formados e con moita experiencia nestes ámbitos. Nelas, descubriron entre outras moitas, que se pode ocultar detrás de diferentes páxinas web, riscos do "whatsapp" e utilización segura das ferramentas dixitais.

 
Os nenos de 2º de Primaria descubren os laboratorios
martes, 09 de diciembre do 2014
Xa empezamos a traballar no laboratorio!!! Estabamos desexando poder facelo. Como sempre, nosos alumnos maiores traballan e ensinan aos máis pequenos. Nesta primeira práctica, adicada a identificación de prantas e animais, foron os alumnos de 2º e 3º da ESO., os que explicaron aos nenos e nenas de 2º de Primaria, cómo utilizar claves adecuadas ao seu nivel, para recoñecer as diferentes follas das árbores e os animais do noso laboratorio.
 
Xa estamos desexosos de que chegue a seguinte práctica e poder traballar xuntos de novo.
 
 
Tarde de Magosto
martes, 09 de diciembre do 2014
O pasado venres 7 de novembro, como dende hai uns anos, celebramos o Magosto. Démoslle a benvida toda a etapa de primaria ao Outono, saboreando as ricas castañas con zume no patio cuberto. Tamén alí, puidemos considerar distintos produtos típicos desta estación, moi agarimosamente dispostos por profesoras da nosa etapa. Dende aquí, o agradecemento ao anpa colexial e a todos os profesores que fixeron posible esta celebración un ano mais.
 
 
Primeira sesion do PAR en 3º de ESO
miércoles, 03 de diciembre do 2014
Como tódolos anos, desde o Equipo de Educación na Xustiza propoñemos que o alumnado coñeza distintas realidades a través do PAR. Este martes 2 de decembro o alumnado de 3º de ESO puido coñecer máis cousas sobre as adiccións grazas á colaboración de Jorge Carballido, traballador da UMAD que leva colaborando co colexio moitos anos.

A sesión foi de gran utilidade e serviu para adquirir novos coñecementos sobre o tema proposto, así como para responder todas aquelas dúbidas que o alumnado puidera ter.  

 
 
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 9 de 503
CAMPAÑA de NADAL
725kg
Calendario do curso 2014-2015

Circulares do curso 2014-2015

Salle Xove


II Asamblea MEL

Acceso ás probas distritais



Programa Orienta 2013/2014
Programa
Voluntariado PROYDE
 
Seccións
Menu Escolar
  • Menu escolar do mes de decembro: preme aqui.
Quén Somos...

Praza de San Xoán Bautista De La Salle, 1 C.P.: 15704. Santiago de Compostela.
Tfno.: 981 584 611 | E-mail: santiago@sallep.net secretariasantiago@sallep.net adsantiago@sallep.net